segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010
Moraima probando o disfraz de entroido, mentres o pequeno durmido levantase de cama, pasa pola habitación e di:

-Mi hermana es azul! 


domingo, 24 de janeiro de 2010

PostHeaderIcon Aficións


Supoño que cada un de nós ten algunha afición que lle fai desconectar de todo. Uns ler, outros escribir, escoitar música, pasear... A miña é o folclore... tiven épocas malas... de ata querer deixalo, non porque eu quixera, senón porque me facían pensar que era o que necesitaba... Nunca entendín iso de que non quixeran que eu tocase, pero en cambio nas actuacións sempre presumían dicindo: Esa é a miña filla! Non son capaz de deixar algo que me gusta tanto, e de ter que deixalo sería por motivos de traballo....

Na casa sempre escoitei iso de: Y tú piensas que vas a vivir de eso?? Non é que eu queira vivir diso porque sei que non son Susana Seivane nin moito menos, pero é unha afición que teño... é coma se tocando, marchasen todos os problemas... certo é que esta semán preferín deixalo ''de lado'' pero non me miraba en condicións e poder estar ó 100%. Iso si, esta semán que entra, espero voltar coas pilas cargadas, non creo que a ela lle gustara vernos así...
sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

PostHeaderIcon Ata as narices!


Ata as narices, así é como estou  neste momento! Parece que na casa non se pode falar de que estou a favor do Galego no ensino. Que si, que cada un ten a súa opinión, pero o caso que hai na miña casa é que NON O ENTENDO!

Na miña casa, meu pai educoume en galego (gracias papá) e miña nai en castelán (que dicir que estudou nun colexio de monxas, onde xa se sabía que facían as monxas como te escoitaran falar en galego, ridiculizabante diante de toda a clase, polo menos, nesa época). Bueno, ó que ía... onte fomos a casa dos meus avós (falan no galego que saben) e bueno... a pesares diso... tamén hai diferentes opinións.

Todo comezou cando chegamos, miña avoa estaba escoitando a radio galega, e xusto estaban a falar do éxito da manifestación. Miña nai soltou un: No lo entiendo. Cansa de escoitar barbaridades mentres falaban, dixen: Pois a min daríame vergonza nacer, crecer e morrer sen coñecer a nosa propia lingua, unha riqueza que temos, algo polo que os nosos antepasados loitaron para que puidesemos coñecela. Claro, despois de estoupar e dicir isto, tiven que escoitar: Me saliste muy nacionalista tú.  HAI QUE FODERSE!! Si claro, pero logo, cando ela ten que abrir unha conta de correo, di: Yo quiero una palabra en gallego, como Morriña, bolboreta, saudade... Si claro, para iso si! PUAGG! que respeto o que cada persona pense... pero señores/as, non consinto que se me ataque deste xeito, nunca intentei impoñerlle a miña opinión a ninguén, cando lle fixeran unha entrevista e lle preguntaron se lle gustaría que os seus fillos falasen en galego dixo que non! e eu calei a boca... SI ó Galego na GALIZA! Porque noutros sitios si, e aquí non?



segunda-feira, 18 de janeiro de 2010
''Aínda que a túa voz calou,
o teu corazón séguenos falando.''

A.B.P 14.1.1939-17.1.2010

Desde aquí só desexo que algún día se atope unha cura, ou al menos, a causa do cáncer para que así se poida evitar. Non lle desexo a ninguén pasar por esta situción.
quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

PostHeaderIcon Se nos vai...

Non me vexo con forzas para facer nada... Isto é tan duro... e non só para min... como estaríades se o día do voso cumpreanos vos dixeran que cun pouco de sorte chegades a domingo? por sorte, non llo dixeron, os médicos teñen a teoría de que as veces, é mellor omitirlles ós enfermos terminales parte do diagnóstico (cando se trata do tempo que lles queda) para que pasen os derradeiros días de vida o mellor posible...

Síntome egoísta comigo mesma por querer que pase un miragre e que no se vaia... teño a esperanza de que os médicos tamén se equivoquen (como todo ser human) cos días que lle quedan... Non son capaz... todo isto quédame realemnte grande... sei que é lei de vida... uns marchar e outros veñen...

Necesito desafogarme en algún lado... pero non me saen as palabras nin tan sequera escribindoas aquí... síntome coma se non tivese sentimentos... coa noticia é coma si me quedase de pedra... Pero hoxe, intentarei deixar todo isto a un lado e facer que o teu último cumpreanos sexa o mellor que podiamos...

Seareiros!

Premios

Premios
Hadex ;)
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.